BOLETÍN I CAMPIONATO GALEGO DE ORIENTACIÓN EN BICICLETA DE MONTAÑA IIIº TROFEO DE ORIENTACION “CAMIÑO DO INVERNO-CONCELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS” Foto por Pedro Dias (http://mtbwoc2010.fpo.pt/) 2 e 3 de Outubro de 2010 Organizan: INTRODUCIÓN A Orientación como deporte naceu hai máis dun século nos países nórdicos e no que o deportista se enfronta ao reto de localizar uns controis e completar un percorrido coa única axuda dun mapa e unha búxola. Galicia é unha das comunidades pioneiras na súa expansión a nivel estatal. Coa celebración deste IIIº Trofeo de Orientación Deportiva do Concello do Barco de Valdeorras-Camiño do Inverno, xunto coa celebración do Campionato Galego de Orientación en Bicicleta de Montaña 2010, os nosos clubes acometen unha vez máis un reto sen precedentes na provincia, xa que por primeira vez vaise celebrar unha proba destas características en Ourense. A Orientación en Bicicleta de Montaña goza dunha boa saúde e mostra diso é a recente celebración do Campionato do Mundo Absoluto e Junior o pasado mes de Xullo no viciño norte de Portugal con máis de 500 competidores de 36 países e presenza galega. Desde os nosos clubes queremos achegarvos esta modalidade en auxe, cunha notable expansión mundial na última década, amosando unha vez máis que apostamos por ofrecer novos retos aos e ás deportistas que os queiran afrontar. Ademáis queremos aunar a máis alta competición, a través da celebración do Campionato Galego de OBM 2010, nun mapa realizado por un cartógrafo e trazador do devandito Mundial, coa labor de promoción animando a vir ás Terras de Valdeorras a todas aquelas persoas interesadas en iniciarse na Orientación Pedestre, ofertando para eles dous itinerarios de iniciación. A O-BM é asequible a todos os públicos porque os controis estarán nos camiños. Unha vez máis, desde ás Concellarias de Deportes, Protección Civil e Medio Ambiente Do Concello de O Barco de Valdeorras e os clubes organizadores, somos quen de brindarvos a oportunidade de desfrutar do voso deporte favorito nestas terras maravillosas, como no seu día souberon apreciar os romanos trazando a sorprendente Via Nova desde Astorga a Braga. Esperamosvos cos brazos abertos e confiamos en que este novo Trofeo vós satisfará! VÉMONOS NO MONTE! PROGR AM A SÁBADO 2 de Outubro • 15:00 h: Apertura da Secretaria no Casa da Natureza de Xagoaza (Albergue). • 16:00 h: Saída primeiro participante do Campionato Galego O-BM Sprint. • 18:00 h: Peche de meta. Comezo das probas Iniciación Pedestres. • 19:00 h: Entrega de Trofeos do Campionato Galego de O-BM Sprint. Mesa Redonda sobre O-BM Sprint no Salón de Actos da Casa do Concello novo. • 20:00 h: Peche de meta das probas iniciación pedestres. DOMINGO 3 de Outubro: • 10:00 h: REUNIÓN OBRIGATORIA na Casa do Concello novo. • 10:15-11:00 h: Saída do Roteiro de Orientación en Bicicleta de Montaña. • 14:00 h: Peche de meta na Casa do Concello novo e entrega de premios do IIIº Trofeo de Orientación Camiño do Inverno- Concello de O Barco de Valdeorras NOTA: O horario poderá sofrer variacións en función das necesidades da organización. 1.- MODALIDADES E CATEGORÍAS: ORIENTACIÓN EN BICICLETA (Sprint e Roteiro): • Júnior (H/M): Nados en 1990 e posteriores. • Sénior (H/M): Sen límite de idade. • Veteranos (H/M): Nados antés de 1971 ORIENTACIÓN PEDESTRE: • Iniciación Longa: Maiores de 14 anos. • Iniciación Curta: Menores de 14 anos. AVISO: Os menores de 14 anos non poderán participar nas probas de O-BM. 2.- PERCORRIDOS O sábado 2 de outubro haberá os seguintes: · P.1: Iniciación Pedestre (Iniciación Curta): 1400m aproximados. · P.2: Iniciación Pedestre (Iniciación Longa): 3600m aproximados. · P.3: Cpto Sprint O-BM (Junior e Veterán): 4.000m aproximados. · P.4: Cpto Sprint O-BM (Senior): 6500m aproximados. O Domingo 3 de outubro haberá un percorrido único para todas as categorias de O-BM de entre 18 km aproximadamente. 3.- MAPA: Para a probas O-BM Sprint e Iniciación Pedestre do sábado usarase o mapa de orientación de Xagoaza elaborado por Alexandre Soares Dos Reis – cartógrafo e trazador no mundial de O-BM celebrado no norte de Portugal neste ano 2010-e Valdemar Sezim en outubro de 2007. A última actualización foi realizada por Alberto Asensio Campazas en setembro do 2010. A escala do mapa é 1:10.000 cunha equidistancia de 5m. A partir do 15 de setembro estará proibido o acceso ao mesmo de calquer/a competidor/a. Para o roteiro de O-BM do domingo usarase cartografia a 1:25000 do I.G.N. máis recente. 4.- TERREO Terreo continental galego de baixa montaña cun ecosistema de transición atlántico-mediterráneo. Bosques mixtos de piñeiros, castiñeiros, carballos, aciñeiras e sobreiras, alternando con viñedos e terreo basto. A rede de camiños é extensa con desniveis importantes e descensos técnicos. No 2º boletín haberá máis información sobre as características e situación actual do terreo. 5.- PREMIOS E RESULTADOS: Serán declarados Campións Galegos de O-BM aqueles deportistas federados en orientación pertencentes a algun clube rexistrado na AGaCO, que se clasifiquen nos primeiros postos da proba Sprint. A entrega será o sábado. Serán declarados Gañadores do IIIº Trofeo de Orientación Camiño do Inverno-Concello de O Barco de Valdeorras, aqueles deportistas que sumen o mellor tempo da suma do computo de resultados da proba Sprint e do Roteiro de Orientación en Bicicleta de Montaña. Dado o carácter de competición lúdica que ten este trofeo, non se admitirán reclamacións. A entrega será o domingo. Os resultados dos itinerarios pedestres non computarán a efectos de Liga Galega de O-Pe, dado que non forman parte do calendario autonómico oficial desta competición. Os 3 primeiros clasificados dos itinerarios Iniciación Pedestre receberán o premio correspondente o sábado. Dado o carácter de competición lúdica que ten esta modalidade, non se admitirán reclamacións. 6.- SISTEMA DE CONTROL: O uso do sistema Sportident (pinza electrónica) será obrigatorio en todos os percorridos de orientación en bicicleta de montaña. A organización facilitará pinzas electrónicas aos participantes en O-BM que o soliciten na inscrición, retirandoás o propio día da proba deixando o DNI como fianza. Nos percorridos de orientación pedestre, usarase o sistema de control mediante pinza tradicional. 7.- INSCRICIÓNS: A inscrición para FEDERADOS en orientación en calquera modalidade será sempre individual. Para os NON FEDERADOS a inscrición en O-BM será individual. Nos itinerarios de Iniciación Pedestre os non federados en orientación poderán inscribirse a título individual, como parella ou grupo nos percorridos. AVISO: Cada persoa inscrita terá que pagar o importe individual que lle corresponda. Para formalizar a inscrición os clubes AGaCO enviarán os formularios específicos que se lles proporcionarán desde a organización a partir do luns 20 de setembro, debidamente cubertos, xunto co resgardo do ingreso bancario (ver datos máis adiante) ao seguinte enderezo electrónico: o.valdeorras@gmail.com Os NON FEDERADOS EN ORIENTACIÓN teñen que dirixirse a calquera clube AGaCO para tramitar a súa inscrición (listaxe de clubes consultar a web: http://es.geocities.com/webagaco/ga/principal.html) aportando os seguintes datos para a formalización da licenza de proba: NOME E APELIDOS, SEXO, DNI, PROBA/S, MODALIDADE/S, CATEGORÍA/S E DATA DE NACEMENTO. Os NON FEDERADOS que o desexen tamén poderán inscribirse a través dos clubes organizadores enviando os datos requeridos ao devandito correo. O PREZO DA INSCRICIÓN será o seguinte: O-BM Federados FEDO1 Non Federados FEDO 1.-Sprint 2€ 3€ 2.- Roteiro 2€ 3€ TODO: 1+2 4€ 6€ O-PEDESTRE Federados FEDO2 Non Federados FEDO INICIACIÓN CORTA 2€ 3€ INICIACIÓN LONGA 2€ 3€ A organización facilitará pinzas electrónicas aos participantes en O-BM que o soliciten o propio día da proba, deixando o DNI como fianza. Indicar necesidades na inscrición. Ningunha inscrición surtirá efecto, senón hai constancia bancaria do ingreso do seu custo antés da hora e data límite de inscrición. Adxuntar sempre recibo orixinal escaneado do pagamento bancario na conta especificada no apartado 8. O prazo estará aberto desde o luns 20 de setembro até as 15:00 h do mércores anterior á proba, día 29 de setembro. IMPORTANTE: Só se admitirán un máximo 200 inscricións por riguroso orde de chegada. Cada clube AGaCO recibirá un correo electrónico de confirmación das inscricións recibidas. Por favor, mandadeás todas xuntas. Os menores de idade terán que apresentar obligatoriamente autorización familiar para participar nos probas de O-BM. 1 Ademais de: residentes en Valdeorras, socios do Clube Peña Trevinca-Barco, ADAS-Barco e CAM e federados IOF. 2 Idem anterior. 8.- DATOS BANCARIOS: É importante reflectir quen realiza o ingreso para ter control dos pagos. Ingresar os cartos da inscrición na seguinte conta bancaria: Club Peña Trevinca Barco Nº Conta CAIXA-GALICIA: 2091 0452 32 3000024295 9.- ALOXAMENTOS: Casa da Natureza de Xagoaza-Albergue: Prezo por persoa/noite de 6€. Para almorzos, comidas e ceas, encargar con suficiente antelación. Para reservas chamar a Gloria -xerente do albergue-polas mañáns nos teléfonos: 639 921 679 / 988 326 381 Para obter máis información sobre aloxamentos na zona, podedes consultar a seguinte web oficial do Concello de O Barco de Valdeorras: www.concellodobarco.org 10.- COMÓ CHEGAR? As ubicacións da Secretaría, a Saída e a Meta do sábado para o Campionato Sprint O-BM e as probas Iniciación Pedestre, concretaranse no 2º Boletín que se publicará en próximas datas. Haberá sinalización nos accesos desde a N-120 e O Barco. Para o roteiro de orientación en bicicleta de montaña do domingo a ubicación da Saída será na Casa do Concello novo (rúa de España) no centro da localidade de O Barco de Valdeorras. Hai un aparcadoiro gratuito 100m ao norte na estación de ferrocarril de RENFE. NORMAS XERAIS • É obrigatorio ofrecer axuda a calquera participante que se atope en problemas ou mancado. • Hai que deixar as cancelas pechadas. • A competición basease no respecto: -Á natureza. -Ós cultivos e propiedades privadas.3 -Ó resto de competidores. -Ás indicacións do persoal da organización. • É obrigatorio pasar pola meta, aínda que se produza o abandono, para que poida constar este feito na organización. • Esta proibido perseguir a outros competidores. • Todos os participantes leran obligatoriamente este boletín e os seguintes, así como a documentación relativa á seguridade específica da proba que se publicarán nos vindeiros dias nos blogs dos clubes organizadores. • Todos os participantes respectarán estas normas, e por extensión, as da AGaCO, FEDO e IOF referidas a O-BM e O-PÉ, así como o vixente código de circulación vial. NORMAS O-BM: • O organizador poderá revisar o estado da bicicleta denantés da saída, imposibilitandoá en caso de que non cumpra os requisitos básicos de seguridade. • É obrigatorio o uso do casco debidamente axustado. • Durante toda a proba circularemos por pistas de terra, camiños e estradas comarcais abertas ao tráfico. • Os participantes circularán pola dereita das vias. Os adiantamentos faranse sempre pola esquerda. • Para a realización do percorrido, o competidor só pode contar coa axuda dun compás e do mapa proporcionado polo organización. • Todos os participantes visitarán en SILENCIO todos os controis coas suas bicicletas na orde indicada no mapa de xeito obrigatorio. • Esta proibido separarse da bicicleta durante a proba. A pinza electrónica estará unida á bicicleta. 3 É posible que atopemos xente traballando nos viñedos porque estamos en época de vendima. Non se poden atraversar estes terreos, hai que bordealos. • Conducir a bicicleta fora dos caminos tamén esta proibido, agás que a porteemos sen que toque o chan. • Nas vias de circulación poderá haber membros da organización e se observan que alguén non respecta as normas, será descualificado automaticamente. • Debemos extremar as precaucións, especialmente nos descensos perigosos, e ante todo respectar as normas básicas de circulación. • Na meta recolleranse todos os mapas, que se poderán retirar de novo cando saia o derradeiro corredor. • A meta pecharase hora e media despois da saída do derradeiro corredor. NORMAS INICIACIÓN PEDESTRE: • A Secretaría estará aberta entre as 17 e 18 horas do sábado. • A hora tope para chegar á meta serán as 20:00h. • É recomendable utilizar roupa cómoda, que cubra todo o corpo. INFORMACIÓN ACTUALIZADA EN: -http://ori-trevinca.blogspot.com/ -http://calpino.blogspot.com/ COLABORADORES: PATROCINADORES: